Webinar. A sustentabilidade como motor da innovación: economía circular e bioeconomía no sector alimentario

“A sustentabilidade como motor da innovación: economía circular e bioeconomía no sector alimentario” é o título do novo webinar organizado pola Comisión de Innovación e I+D do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) o vindeiro venres 19 de xuño ás 9.30 horas.

Nesta sesión, intervirán Anxo Pereira, director de innovación de Galacteum e membro das Comisións de Innovación e I+D e Sustentabilidade Ambiental de Clusaga, Josefa de León, directora de competitividade estratéxica de Agroamb Prodalt, Juanfra Abad, fundador e CEO de AgroSingularity, Marcio Barradas, CEO de Essence Food, Irene Colorado, analista de mercados de Clusaga e Roberto Alonso, xerente de Clusaga.

O obxectivo deste webinar é coñecer o valor diferenciador da sustentabilidade e a economía circular no sector alimentario, así como as novas tecnoloxías aplicadas á valorización de excedentes e as tendencias de sustentabilidade en innovación alimentaria.

Ademais, esta sesión servirá para definir as prioridades e áreas temáticas do grupo de traballo (GT3) “sustentabilidade, economía circular e bioeconomía” no que traballarán de maneira conxunta as Comisións de Innovación e I+D e Sustentabilidade Ambiental e Economía Circular de Clusaga. O seu obxectivo será o de actuar como foro de debate entre distintos axentes concienciados coa sustentabilidade e/ou que puxesen en marcha iniciativas de economía circular, creando así un espazo de networking innovativo e de xeración de ideas de colaboración no sector alimentario galego.

Event Schedule Details

  • 19 Xuño 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario