O luns 20 de xullo a partir das 12 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o webinar “Marketplace Claire. Oportunidades para a comercialización dos produtos galegos” co obxectivo de coñecer esta plataforma e-commerce que naceu no principio do ano.
Fernando Aparicio, director de Amvos Dixital, e Fernando Laviña, de Claire Global, presentarán o valor diferencial deste marketplace para que a industria alimentaria galega poida coñecer as oportunidades de negocio nel e, así, diversificar a maneira na que chegar aos seus clientes.
Claire Global púxose en marcha en xaneiro deste ano co obxectivo de modernizar o sector da alimentación a través da tecnoloxía. A situación provocada pola COVID-19 xerou cambios nos hábitos dos consumidores, que priorizan cada vez mais o mercado de proximidade e o e-commerce. Por iso, este marketplace ampliou o seu servizo nos últimos meses, permitindo a particulares acceder a unha parte do stock que estará especialmente adaptado ás súas necesidades.