O luns 11 de maio ás 9.30 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza con Correos, a empresa de servizo postal e loxística presentará nun webinar para dar a coñecer Correos Market, unha nova plataforma que permite aos usuarios realizar pedidos a produtores locais con garantía e sen asumir os gastos de envío.
Nesta sesión, impartida por Raúl de la Vega, dixital & eCommerce business development de Correos e marketplace manager, analizaranse as oportunidades que permite esta plataforma á comercialización dos produtos alimentarios e as bebidas de orixe galega. O marketplace posibilita a artesáns e produtores locais ofrecer aos usuarios os seus conseguindo unha maior diversificación da súa distribución, así como unha maior visibilidade do seu negocio.
Para poder comercializar na plataforma, os comerciantes deben contar co denominado ‘selo de calidade de Correos Market’. Esta insignia informa os consumidores de que os produtos que se atopan no marketplace foron elaborados, creados ou tratados en España e cumpren cos criterios de calidade e o código de boas prácticas que esixe a empresa postal. Entre eles, o emprego de materiais naturais e o uso responsable e sostible dos recursos.