China constitúe na actualidade uno dos mercados de maior consumo e oportunidades de exportación. Por iso, o Clúster Alimentario de Galicia organiza, co apoio da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o webinar “Novas oportunidades no mercado chinés de alimentos e bebidas” o 3 de xuño a partir das 9:30 horas.
Na devandita sesión online abordaranse as oportunidades que este mercado ofrece ao sector alimentario galego e explicaranse as diferentes plataformas de comercio online en China. Para iso, contarase con Dori López, CEO de Innova Digital Export, Lida Li, responsable do departamento de mercadotecnia China de Innova Digital Export e Season Su, CEO de Putaojiuwang.
Tamén, analizaranse os novos modelos de exportación a China co obxectivo de poder establecer entre as empresas socias de Clusaga un grupo de traballo para a importación agrupada de produtos neste mercado.
Esta webinar é de carácter exclusivo para asociados de Clusaga. A inscrición debe realizarse a través do formulario que aparece facendo clic no botón “inscribirse” que se mostra a continuación.