A Comisión de Innovación e I+D do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o venres, 5 de xuño, ás 9.30 horas o webinar “Novas tendencias de consumo: como adaptarse?” co que dará comezo a constitución do seu primeiro grupo de traballo.
Este grupo de traballo confórmase ao redor dos temática “alimentos e ingredientes innovadores, seguros e saudables adaptados ás tendencias de consumo” e ten como obxectivo actuar como un foro de debate entre os distintos axentes do ecosistema de innovación do sector alimentario e, especialmente, como un espazo de networking e xeración de ideas de colaboración.
Neste webinar analizaranse casos de éxito e prioridades de innovación en novos produtos. Para iso, contarase coa participación de Jaime Veiga, director académico de IE University e profesor asociado na área de Marketing, como especialista en investigación de mercado e comportamento do consumidor; Loan Bensadon, Cofundador de Medicinal Gardens, start- up de alimentos funcionais baixo a marca Baïa®, que busca a autorización para a comercialización dun novo alimento con exclusividade na UE; e Gonzalo Mijangos, Fundador e CEO en Green& Great, onde buscan alimentos de proteína vexetal máis innovadores, que distribúen a Restaurantes- Horeca.
Ademais, nesta sesión participará tamén Chini Porro, membro da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga e xefa de sistemas de xestión I+D e proxectos de Nova Pescanova, Irene Colorado, analista de mercados de Clusaga, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga.