Webinar. Nutrición deportiva en 2021. Tendencias do consumidor, mercado e innovacións

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza no marco do proxecto europeo AHFES un ciclo de webinars sobre tendencias en alimentación saudable. A terceira xornada destas sesións online será o 19 de novembro de 9.30 a 10.30 horas.

En este webinar Noelia Dosil, responsable da área de innovación de Clusaga, presentará os servizos e formación que ofrece o proxecto AHFES ás pemes do sector alimentación co obxectivo de mellorar a súa innovación e competitividade.

Pola súa banda, Daniel Álvarez, responsable da área insights de Clusaga, presentará os resultados do estudo sobre tendencias do consumidor e innovacións en nutrición deportiva. Daranse a coñecer os datos de mercado, preferencias do consumidor e oportunidades de innovación, con especial atención á saúde.

Finalmente, contaremos coa participación da empresa HEROOj, que presentará a súa experiencia no mercado cos seus produtos de nutrición deportiva e suplementos deportivos naturais feitos con base de auga de mar.

AHFES, proxecto europeo liderado por Clusaga

AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food ecosystem for growth of SMEs é un proxecto europeo financiado polo programa Interreg Espacio Atlántico, e coordinado por Clusaga. Ten dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, fortalecer a colaboración entre clústeres nas rexións da área atlántica e, por outro, mellorar a innovación, a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables para aliñar os seus produtos coas necesidades e expectativas dos consumidores, a través de servizos e formación.

Event Schedule Details

  • 19 Novembro 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario