Webinar | Oportunidades, casos prácticos e de éxito na internacionalización no mercado canadiense

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 12 de xullo, de 13.30 a 14.30 horas, o evento online “Oportunidades, casos prácticos e de éxito na internacionalización no mercado canadiense”.

Oportunidades de internacionalización para pemes

Neste webinar analizaranse as posibilidades que ofrece o proxecto F2F Health Matters para o mercado canadiense.

Ademais, analizaranse as oportunidades de Canadá para o sector alimentario. A sesión, de enfoque práctico, facilitará o debate para que os asistentes poidan trasladar as súas preguntas e dúbidas sobre os programas e sobre o mercado de oportunidade canadiense.

Relatores internacionais

A xornada contará coa participación de relatores da Cámara de Comercio Canadá España (CCCE), Intercambi Inc. Toronto, Solfarmers, Conservas de Cambados e Cascajares. Podes consultar o programa da xornada para máis información.

Participación e inscripción

Para participar no webinar, principalmente orientado a pemes interesadas en internacionalización ao mercado canadiense, é necesario inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 11 de xullo ás 13.30 horas. Para dúbidas ou consultas sobre a xornada ou sobre o proxecto, podes contactar con Clusaga a través do teléfono 981 55 60 62 ou a través do correo international@clusaga.org.

Detalles da programación de eventos

  • 12 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario