Webinar: Oportunidades de financiamento da Bioeconomía a nivel europeo: a iniciativa Biobased Industries Joint Undertaking

O 9 de xullo a partir das 9.30 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza en colaboración con Bio-based Industries Joint Undertaking (BBI JU) un webinar para coñecer as oportunidades de financiamento da bioeconomía a nivel a europeo na industria alimentaria.

Paloma Mallorquín, project officer de Bio-based Industries Joint Undertaking, será a encargada de explicar tanto a actividade de BBI JU como as oportunidades de financiamento de proxectos e outros recursos que pon a disposición das empresas do sector alimentario para desenvolver un modelo produtivo orientado á bioeconomía.

BBI JU é unha asociación público-privada cuxo obxectivo é aumentar o investimento no desenvolvemento dun sector industrial sustentable bio en Europa. O obxectivo deste organismo da UE é proporcionar beneficios ambientais e socioeconómicos, aumentar a competitividade e contribuír á investigación e desenvolvemento de produtos biolóxicos avanzados.

Event Schedule Details

  • 9 Xullo 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario