Webinar | Oportunidades de financiamento para a industria alimentaria

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza un webinar orientado a dar a coñecer as axudas dispoñibles para a industria alimentaria e presentar o seu programa de apoio ás empresas para facilitar o acceso a estas convocatorias no marco do programa INNPULSA FOOD. O encontro celebrarase o martes 4 de febreiro ás 10:00 horas, a través de Teams, permitindo ás empresas interesadas participar de forma telemática.

Durante o webinar explicaranse as distintas liñas de apoio ofrecidas pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN), orientadas aos ámbitos de Innovación e Competitividade.

O evento contará coa participación de:

  • Patricia López Quintíá, Subdirectora de Innovación Empresarial do IGAPE, que abordará as axudas relacionadas coa innovación empresarial.
  • Carlos Sánchez Vecino, Director del Área de Servicios de GAIN, que presentará os programas de apoio á I+D+i
  • Xosé Ramón Vázquez, Coordinador de Desenvolvemento de Negocio I+D+i de Clusaga, que explicará o papel do clúster no acompañamento ás empresas para acceder a estas convocatorias.

Para recibir o link de acceso ao webinar, é necesario enviar o formulario a continuación. Para calquera consulta contactar con Clusaga a través de bdm@clusaga.org ou a través do 620 434 494.

Event Schedule Details

  • 4 Febreiro 2026
Compartir
Engadir ao Calendario
WhatsApp