Webinar “Oportunidades para a financiación de proxectos de I+D+i e casos de éxito en transformación dixital”

O proxecto INTERTECH4.0, no que participa o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza o 29 de xullo, ás 9.00 horas, un webinar onde se mostrarán as oportunidades de financiación que teñen disponibles os proxectos especializados en I+D+i, ademáis de expoñer os casos de éxito identificados por esta iniciativa no ámbito da transformación dixital.

INTERTECH4.0 é un proxecto creado para deseñar unha plataforma intersectorial onde impulsar a transformación dixital da industria e a organización de actuacións innovadoras ligadas á industria. Este consorcio está formado por Clusaga, DIHGIGAL, CEAGA, ACLUNAGA, Cluster TIC, Pisa – Proyectos de Innovación e TripleAlpha. Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo a través da convocatoria de axudas 2021B para o apoio a AEIs.

As persoas que queiran asistir ao evento deben rexistrarse a través deste formulario de inscrición, e recibirán no correo coa ligazón para acceder ao webinar.

Event Schedule Details

  • 29 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario