Webinar. Oportunidades para as empresas galegas no mercado alimentario francés

O mercado francés sitúase entre os que máis maior potencial comercial presenta dentro da Unión Europea. Co obxectivo de analizar a súa situación, canles de distribución e oportunidades para as empresas do sector alimentario galego, o Clúster Alimentario de Galicia e a la Cámara Franco-Española de Comercio e Industria organizan o 8 de xuño de 10 a 11:30 horas o webinar “Oportunidades para as empresas galegas no mercado alimentario francés”.

Na xornada, ademais, proporcionaranse unha serie de claves sobre como debe abordarse este mercado. Tamén, presentarase a Feira SIRHA de Lyon, que desde os seus inicios converteuse en cita ineludible do sector horeca en Francia. Nela, a gastronomía e os produtos gourmet cobran especial relevancia. Ademais, en paralelo, celébranse unha cantidade de concursos e conferencias, das cales resalta o “Bocuse d’Or” considerado como o campionato mundial de cociña.

Para iso, o webinar contará coa participación de Geli Villaescusa, consultora da Cámara Franco-Española, Betty Morido, directora comercial da delegación para España e Portugal da Feira Sirha, e Sebastien Álvarez, responsable do departamento de servizos de apoio a empresas da Cámara Franco-Española.

As persoas interesadas en inscribirse á xornada, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

Event Schedule Details

  • 8 Xuño 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario