O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), o martes 13 de outubro en horario de 9:30 a 11:15 horas o webinar “Oportunidades e aplicacións da economía circular no sector alimentario”.
O seminario online abordará algunhas das opcións existentes para avanzar cara a unha economía circular na industria alimentaria e presentará as oportunidades que ofrece a convocatoria “for adopters” do proxecto europeo C-VoUCHER cuxo obxectivo é transformar as actuais cadeas de valor lineais en circulares.
Ademais, tamén se presentarán algunhas das tendencias sobre sustentabilidade nas estratexias de marca e packaging da industria, as oportunidades en bioeconomía circular para o sector agroalimentario e a valorización de subproductos na industria láctea.
Para todo iso, o webinar contará coa intervención de Marta Frutos, técnica de mercados de Clusaga, Begoña Ruiz, xefa do departamento de biotecnoloxía de AINIA, Héctor Castro, project development manager de Galacteum, e Virginia Vidal e Manuel París, xestores de proxectos de GAIN.
As persoas interesadas en asistir ao webinar, podes inscribirse de maneira gratuíta a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “Inscribirse” que aparece a continuación.
O proxecto C-VoUCHER é a primeira iniciativa pan-europea, financiada pola Comisión Europea, enfocada en adoptar nas pemes o concepto de economía circular para transformar as cadeas de valor lineais en modelos circulares. O consorcio está composto por 13 de socios de seis países, entre os que se atopa GAIN. A través del, Clusaga colabora na difusión e visibilidade deste proxecto.
Até o 30 de outubro mantén aberta a súa segunda convocatoria “for adopters” co obxectivo de atraer a pemes dos ámbitos da saúde, economía azul, téxtil, agroalimentación e fabricación que queiran desenvolver plans empresariais de economía circular.