No marco do proxecto europeo Atlantic Area Healthy Food Eco-System (AHFES), o Clúster Alimentario de Galicia organiza, en colaboración con EIT Food CLC South, o webinar “Perspectiva do consumidor e comprensión do mercado no sector de alimentos e bebidas saudables” o 14 de abril, a partir das 9.30 horas.
Nesta xornada online presentarase o primeiro programa de formación gratuíta en innovación e desenvolvemento empresarial, desenvolvido no proxecto AHFES, para apoiar ás pemes no sector de alimentos e bebidas saudables. Está centrado en comprender que motiva aos consumidores e como as empresas poden comercializar de maneira efectiva os produtos para converter esas motivacións en vendas.
Este programa de formación inclúe, ademais, unha serie de recursos gratuítos deseñados para axudar ás pemes activas ou interesadas en iniciarse no sector da alimentación e as bebidas saudables.
No webinar Ana Felgueiras, coordinadora de proxectos europeos de Clusaga, e Noelia Dosil, project manager de Clusaga abordarán como se está traballando no fomento da innovación en alimentación saudable no Espazo Atlántico, a través do proxecto AHFES.
Pola súa banda, Carmen Galindo, project manager de EIT Food CLC South, introducirá o programa de formación en información do consumidor e compresión do mercado desenvolvido no marco do proxecto AHFES.
Pola súa banda, Mai Dourado de Zulueta, directora de contas de Mintel en España, analizará as tendencias e drivers do consumidor, e Paolo Fusaro, CEO de Robin Good, abordará a importancia do branding nunha empresa alimentaria.
As persoas interesadas en inscribirse a este webinar, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.
AHFES é un proxecto europeo financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico, que ten como obxectivo mellorar a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables, mediante un ecosistema de innovación transnacional que axude ás pemes a acceder a coñecemento, socios e mercados e a aliñar os seus produtos e servizos coas necesidades e expectativas dos consumidores.
Clusaga coordina este proxecto europeo, cuxo consorcio está formado por nove socios, todos eles membros dos estados da área atlántica (España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido): Northern Ireland Food & Drink Association, Association du Pole de Competivite – VALORIAL, EIT Food CLC South, S.L., National University of Ireland Galway, Instituto Nacional de Saúde Dr. Ricardo Jorge, InovCluster – Associação do Cluster Agroindustrial do Centro, BIC Innovation e Llywodraeth Cymru.