Webinar “Presentación do Proxecto 5S Clusaga. Mellora da produtividade e da competitividade no sector alimentario galego”

O proxecto “5S no Sector Alimentario” é unha iniciativa de Clusaga e PFS Grupo que aposta por mellorar a produtividade e competitividade das empresas dun xeito práctico e sinxelo implementando a Metodoloxía 5S nun grupo de empresas asociadas. Este webinar de presentación terá lugar o vindeiro 29 de abril ás 9.30 horas.

O programa ten unha metodoloxía práctica e colaborativa con sesións comúns nas que se poden coñecer os retos, boas prácticas e avances do resto de participantes, fomentando un clima de intercambio de experiencias, cooperación profesional e aprendizaxe conxunta.

O 5S é unha ferramenta que permite obter beneficios de forma rápida e sinxela, mellorando a produtividade e establecendo os primeiros pasos cara a unha “organización lean”.

No webinar de presentación amosaranse estes beneficios a través dun caso práctico real: o da empresa Servicio Móvil, que mellorou a súa produtividade participando en proxectos de implantación de 5S.

Inscricións

A inscrición está dispoñible no botón que aparece a continuación. Para aclaracións ou información adicional, poden contactar co Clusaga no correo electrónico info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 29 Abril 2022
Compartir
Engadir ao Calendario