Webinar “Programas de apoio á internacionalización de empresas da cadea de valor dos alimentos e a biotecnoloxía. Casos de éxito e oportunidades no mercado canadense”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 31 de marzo, de 16.00 a 17.30 horas, o evento online “Programas de apoio á internacionalización de empresas da cadea de valor dos alimentos e a biotecnoloxía. Casos de éxito e oportunidades no mercado canadense”.

Presentación da aceleradora de internacionalización F2F Health Matters

Entre outras cuestións, este webinar servirá para a presentación do proxecto europeo F2F Health Matters. Trátase dunha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsada pola alianza de cinco clústeres europeos, entre os que se atopa Clusaga, e financiado polo Programa Europeo COSME.

O seu obxectivo é promover o desenvolvemento conxunto de servizos de internacionalización colaborativa, ofrecendo apoio práctico a pemes das rexións participantes especializadas nos sectores da biotecnoloxía e a alimentación para que desenvolvan unha folla de ruta internacional. O proxecto oriéntase a cinco mercados obxectivo para o sector, sendo Canadá o primeiro dos tres destinos seleccionados para levar a cabo misións de internacionalización.

Oportunidades de internacionalización para pemes

Neste webinar analizaranse as posibilidades que ofrece o proxecto, así coma outros programas de apoio de organismos públicos e privados, para dar soporte ás empresas do sector na súa internacionalización en xeral e, en particular, para o mercado canadense.

Ademais analizaranse as oportunidades dese mercado para o sector alimentario, con foco en ingredientes, produtos e solucións biotecnoloxicas. A sesión, de enfoque práctico, facilitará o debate para que os asistentes poidan trasladar as súas preguntas e dúbidas sobre os programas e sobre o mercado de oportunidade canadense.

Poñentes internacionais

A xornada contará coa participación de poñentes de IGAPE, ICEX- Galicia, ICEX España, a Cámara de Comercio Canadá España (CCCE), Intercambi Inc. Toronto, a Embaixada de Canadá e Gedeth Network. Podes consultar o programa da xornada para máis información.

Participación e inscrición

Para participar no webinar, principalmente orientado a pemes interesadas en internacionalización, é necesario inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 30 de marzo ás 16.30 horas. Para dúbidas ou consultas sobre a xornada ou sobre o proxecto, podes contactar con Clusaga a través do teléfono 981 55 60 62 ou a través do correo international@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 31 Marzo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario