Webinar: retos e oportunidades da industria 4.0 no sector alimentario

A Comisión de Innovación e I+D do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o xoves, 12 de novembro, ás 9.30 horas o webinar “Retos e oportunidades da industria 4.0 no sector alimentario” co que dará comezo a constitución do seu segundo grupo de traballo.

Este grupo de traballo céntrase nas temáticas “novos modelos de produción e comercialización; innovación en procesos e tecnoloxías; e dixitalización” e ten como obxectivo actuar de foro de debate entre os distintos axentes do ecosistema de innovación e como un especio de networking e de xeración de ideas de colaboración e proxectos.

Xaquín Antón, director de proxectos de I+D+i de Clavo Food Factory e membro da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga, encargarase do acto de apertura deste webinar no que se analizará a importancia da dixitalización para a agroalimentación da man de Cristina Magdalena, executive partner de Gartner.

Pola súa banda, M. Eugenia Mijares, responsable de relacións institucionais e desenvolvemento de DIHGIGAL, presentará a convocatoria de axudas do programa Conectahubs da Axencia Galega de Innovación (Gain), e Javier A. Osuna, responsable de innovación tecnolóxica de Clusaga, explicará a segunda convocatoria de proxectos demostradores do proxecto europeo S3FOOD, no que Clusaga participa.

Finalmente, Mónica Cascallar, directora de innovación de Congalsa, compartirá o caso de transformación dixital da súa entidade, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga, abordará os próximos pasos do grupo de traballo dous da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga.

As persoas interesadas en asistir ao webinar, podes inscribirse de maneira gratuíta a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “Inscribirse” que aparece a continuación.

Event Schedule Details

  • 12 Novembro 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario