Webinar. Sector lácteo en 2021. Tendencias do consumidor, mercado e innovacións

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza no marcado do proxecto europeo AHFES un ciclo de webinars sobre tendencias en alimentación saudable. A primeira xornada destas sesións online será o 9 de xullo de 9.30 a 10 horas.

Neste webinar Noelia Dosil, da área de innovación de Clusaga, presentará os servizos e formación que ofrece o proxecto AHFES ás pemes do sector alimentación co obxectivo de mellorar a súa innovación e competitividade.

Pola súa banda, Daniel Álvarez, da área insights de Clusaga, presentará os resultados do estudo sobre tendencias do consumidor e innovacións no sector lácteo. Daranse a coñecer datos de mercado, preferencias do consumidor e oportunidades de innovación, con especial atención á saúde.

As persoas interesadas en inscribirse a este webinar, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

AHFES, proxecto europeo liderado por Clusaga

AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food ecosystem for growth of SMEs é un proxecto europeo, financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico, e coordinado por Clusaga. Ten como obxectivo mellorar a innovación, a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables para aliñar os seus produtos coas necesidades e expectativas dos consumidores, a través de servizos e formación.

Detalles da programación de eventos

  • 9 Xullo 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario