Webinar sobre o Servizo Circulariza. Ferramentas de diagnose de sustentabilidade empresarial e adaptación á nova Directiva UE de Información corporativa

A incorporación da cultura de sustentabilidade nas empresas do sector alimentario comeza pola adquisición de compromisos en temáticas relacionadas co uso eficiente dos recursos, a valorización de residuos, o eco-deseño ou a reciclaxe.

Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza un webinar informativo para divulgar o seu Servizo Circulariza para empresas socias, que consta de tres modalidades. Este evento online, que terá lugar o vindeiro 30 de maio de 9.30 a 10.00 horas, servirá para coñecer en profundidade a Modalidade CSE (Compromiso de Sustentabilidade Empresarial) deste servizo. Entre as súas prestacións salientan a ferramenta de diagnose de sustentabilidade, que permite analizar a situación de partida e deseñar a folla de ruta; ou o apoio na elaboración de informes de sustentabilidade corporativa.

Asimesmo, o webinar contará coa participación de Antton Sala, de Grunver Sostenibilidad, que abordará a adaptación da información divulgada á que terán que facer fronte as empresas no marco da nova normativa da UE en materia de Información corporativa de sustentabilidade.

Para participar no encontro online é preciso rexistrarse na ligazón que aparece a continuación antes do 29 de maio ás 15.00 horas. O acceso ao webinar será facilitado no e-mail facilitado no formulario na tarde antes da sesión. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 881 023 853 ou no correo circular@clusaga.org

Detalles da programación de eventos

  • 30 Maio 2023
Compartir
Engadir ao Calendario