Webinar “Solucións de fotónica aplicadas á industria alimentaria. Proxecto Photonics4Bakery”

El webinar “Solucións de fotónica aplicadas á industria alimentaria”, que terá lugar o vindeiro 24 de maio ás 9.30 horas, o primeiro evento organizado no seo do proxecto Photonics4Bakery.

Coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e Vitartis e coa financiación do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria 2021B do programa AEI, Photonics4Bakery conta coa participación das empresas AOTECH, ATRIA Innovation, Sanbrandán, Hornos de Lamastelle e DaVeiga.

O proxecto ten como obxectivo avanzar na transformación dixital das empresas do sector da panadaría mediante a investigación da aplicabilidade das tecnoloxías fotónicas en mellora dos procesos desde a materia prima ata o produto final.

Neste webinar abordarase a instrumentación avanzada baseada en fotónica para o control de calidade e seguridade alimentaria a través da solución AONIR; a aplicación da tecnoloxía NIRS no desenvolvemento de métodos analíticos de resposta rápida que permitan caracterizar baixo a súa “pegada espectral” os alimentos e as súas materias primas; os sistemas fotónicos integrados avanzados para análise alimentarios e control de calidade; e a maquinaria 4.0 para inspección online con imaxe hiperespectral.

Para asistir é necesario inscribirse previamente a través do formulario que aparece a continuación. O prazo para facelo manterase aberto ata o 23 de maio ás 16.30 horas. Para máis información pódese consultar o programa da xornada ou contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou o teléfono 981 55 60 62.

Detalles da programación de eventos

  • 24 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario