Webinar. Solucións de Industria 4.0 para a optimización da eficiencia de procesos na Industria Conserveira de peixes e mariscos

A industria conserveira de peixe e mariscos é pioneira dentro da industria alimentaria en canto ao desenvolvemento e implantación de solucións tecnolóxicas que aporten valor e optimicen o rendemento das súas operacións, tanto fabrís coma non fabrís. Porén, segue a haber desafíos que abordar e novas tecnoloxías que adaptar cara aos procesos particulares deste sector, de tanta relevancia para Galicia en termos socioeconómicos.

Coa finalidade de dar a coñecer estas oportunidades, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza esta xornada no marco do proxecto YIELDCAN 5.0. O encontro online, que terá lugar o 20 de outubro ás 9.30 horas, servirá, por unha banda, para expoñer os principais obxectivos que aborda o proxecto e, por outra, para presentar solucións de vangarda de provedores galegos de tecnoloxía de primeiro nivel, que permiten a optimización dos procesos na industria conserveira.

Sobre YIELDCAN 5.0

YIELDCAN 5.0 é un proxecto de innovación financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria 2022 do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI). O seu obxectivo xeral é incrementar o rendemento produtivo e a calidade final de produtos no sector conserveiro, en concreto de conservas de peixe e marisco.

Lévao a cabo un consorcio coordinado por Clusaga que  integra  a  dúas pemes do sector conserveiro (Palacio de Oriente e Real Conservera), unha gran empresa do sector conserveiro (Conservas Rianxeira) e dúas entidades tecnolóxicas (ANFACO-CECOPESCA e TripleAlpha Innovation).

Inscrición ao webinar

O acceso a este evento online é aberto baixo inscrición previa, que poderá levarse a cabo a través do formulario que aparece a continuación ata o 19 de outubro ás 16.30. Para máis información pode consultar o programa da xornada ou ben contactar con Clusaga no correo info@clusaga.org ou ben no teléfono 981 556 062.

Event Schedule Details

  • 20 Outubro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario