Webinar “Tecnoloxías da industria 4.0 aplicadas á cadea de valor do sector do mexillón”. Proxecto MUSSELBLOCK

O vindeiro 24 de febreiro, de 10.00 a 11.30 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebra o webinar “Tecnoloxías da industria 4.0 aplicadas á cadea de valor do sector do mexillón” no marco de MUSSELBLOCK, un proxecto estratéxico na cadea de valor do mexillón de Galicia, coordinado desde o Clúster, e no que participan as entidades socias Perfect NumbersTriple AlphaElige Data e Consejo Regulador de la Denominacion de Origen Protegida Mexillon de Galicia, e colabora a asociada Tastelab.

Dende o cultivo en bateas, pasando pola depuración para o consumo en fresco ou o envío a outros procesos de transformación para semiconserva, conserva ou pratos preparados; a cadea de valor do mexillón conta con grande cantidade de procesos cun baixo nivel de dixitalización, en moitos casos debido á falta de ferramentas específicas.

Así, o obxectivo deste webinar é promover o intercambio de coñecemento ao respecto da aplicación das tecnoloxías 4.0 que están a ser empregadas no sector mexilloeiro, dada a importancia socioeconómica deste en Galicia. Ao mesmo tempo, o encontro quere contribuír a sensibilizar sobre a aposta pola tecnoloxía e a dixitalización no conxunto do sector da alimentación.

Proxecto MUSSELBLOCK

O obxectivo xeral do proxecto MUSSELBLOCK é desenvolver un sistema que garanta a veracidade e inalterabilidade da información, asociado á trazabilidade e seguridade alimentaria. A iniciativa está financiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da convocatoria 2022B do programa de apoio a AEIs.

Asistencia ao webinar

A asistencia a este evento online é gratuita previa inscrición a través do formulario que aparece a continuación. A data límite para manifestar interese en participar é o 23 de febreiro ás 16.00 horas. Para máis información sobre a xornada, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 629991023 ou no correo bff@clusaga.org

Event Schedule Details

  • 24 Febreiro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario