Webinar “Tecnoloxías da Industria 4.0 aplicadas á cadea de valor láctea”

Nos últimos anos, o sector lácteo vén apostando pola dixitalización coma ferramenta de competitividade. Do mesmo modo, e ligado ao anterior, enfronta o reto de ser sustentable en todos os seus procesos.

Tendo en conta este contexto, e no marco dos seus proxectos Smart4Cheese e Milktelligence, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o webinar “Tecnoloxías da Industria 4.0 aplicadas á cadea de valor láctea”, que terá lugar o vindeiro 7 de marzo ás 10.00 horas.

As tecnoloxías a tratar neste evento abranguen dende actuacións para optimizar a toma de datos ou a xestión da calidade e da seguridade alimentaria no sector primario, ata ferramentas de simulación de procesos industriais enfocados á mellora da eficiencia, tendo en conta a sustentabilidade e trazabilidade coma puntos chave.

O obxectivo da xuntanza online non é só dar a coñecer os proxectos enfocados á dixitalización e sustentabilidade deste sector, ou as solucións existentes no mercado, senón que tamén pretende pór en valor o esforzo de todos os axentes do sector lácteo.

Para participar no webinar é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 6 de marzo ás 16.30 horas. Para máis información pódese consultar o programa completo ou ben contactar con Clusaga a través do teléfono 629991023 ou do correo bff@clusaga.org.

Sobre os proxectos marco

Smart4Cheese e Milktelligence son dous proxectos financiados ao abeiro da convocatoria 2022b de apoio a AEIs do MINCOTUR. En ambos casos coordinados por Clusaga, implican, en total, a 11 entidades socias do Clúster.

Smart4Cheese está a xerar novas ferramentas de control de calidade e optimización da toma de decisións para a redución de consumos, mentres que Milktelligence deseña, desenvolve e valida unha nova plataforma colaborativa para os sectores primario e secundario que permita, a través do deseño de dashboards específicos, a toma de decisións áxiles.

Event Schedule Details

  • 7 Marzo 2023
Compartir
Engadir ao Calendario