Webinar: “Tendencias de comunicación durante a COVID-19 nas marcas de alimentación”

A crise sanitaria xerada polo coronavirus está a supoñer unha disrupción nalgunhas das tendencias das que viña falando nos últimos tempos. Por iso, o Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co Clúster de Comunicación de Galicia, organiza o martes 21 de abril ás 10 horas o webinar “Tendencias de comunicación durante a COVID-19 nas marcas de alimentación”, a través da plataforma online Webex.

Este webinar estará impartido por Fátima Carmena, directora de axénciaa Nasas, quen realizará unha análise breve dos estilos máis representativos das campañas publicitarias e estratexias de contido de diferentes marcas do sector da alimentación durante a crise sanitaria xerada pola COVID-19. Ademais, analizará as opinións vertidas polos usuarios nestas campañas en redes sociais para coñecer que tendencias están a ter mellor aceptación, a importancia do timing, de ser ou non pioneiros e de coñecer á nosa audiencia e o noso produto.

Fátima Carmena, experta en comunicación e reputación

Fátima Carmena é a directora de axénciaa Nasas, enfocada a crear contidos creativos dixitais para mellorar a reputación de diferentes marcas, tales como Gadis, Cabreiroá, ABANCA, Husqvarna o Zara. Fátima é licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC con Programa Superior en Dirección de Marketing por IESIDE e Máster en Turismo Sostible e TIC pola UOC. No ámbito formativo, destaca como relatora convidada nos estudos de marketing dixital e social media da Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela.

O prezo do webinar para entidades non socias de Clusaga e o Clúster de Comunicación de Galicia é de 10€+IVE/IVE.

Event Schedule Details

  • 21 Abril 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario