Os Martes de Insights. Webinar Tendencias de consumo no sector do viño en 2024-2025

Clusaga pon en marcha o primeiro webinar da serie Martes de Insights, un ciclo de webinars informativos deseñados para divulgar as tendencias de mercado e consumo analizadas polo seu Servizo Insights. Este servizo busca facilitar o coñecemento sobre os beneficios da investigación de mercados e o tratamento estatístico de datos para axudar ás empresas a definir mellor as súas estratexias comerciais e posicionamento de produto.

Neste primeiro webinar, porase o foco nas novidades máis relevantes que afectan ao sector vitivinícola.

Principais tendencias no mercado do viño

Esta xornada informativa centrarase en analizar as principais tendencias que están a influír no mercado do viño desde a perspectiva do consumidor. Entre estas tendencias, destaca unha preocupación crecente pola saúde e o impacto que o viño pode ter sobre ela.

O webinar de 30 minutos de duración tamén abordará as liñas de innovación máis relevantes que están a posicionar o viño como unha bebida saudable, exemplificando con iniciativas reais que se están a desenvolver neste ámbito. Os interesados en participar deberán inscribirse a través do formulario indicado a continuación.

Event Schedule Details

  • 15 Outubro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario