Clusaga organiza o webinar “Tendencias de innovación de produtos no sector do mar”, que terá lugar o mércores 21 de xaneiro ás 11:00h.
O obxectivo desta sesión en liña é dar a coñecer as tendencias de innovación de produtos no sector do mar. Este webinar resume a información recompilada no primeiro informe subsectorial sobre tendencias de innovación de produtos. Trátase dun servizo ofrecido por Clusaga dentro do catálogo de servizos de apoio á innovación, subvencionados a través do proxecto Hub4Food. A través destes servizos preténdese apoiar ás pemes alimentarias de Galicia para que melloren as súas competencias en innovación e sustentabilidade e desenvolvan novos produtos alimentarios innovadores.
Así mesmo, Clusaga lanza unha convocatoria de manifestación de interese para que as pemes alimentarias galegas poidan solicitar os servizos xa dispoñibles.
Este encontro organízase no marco do proxecto europeo Hub4Food (Atlantic Food Innovation Hub), coordinado por Clusaga. Cada un dos clústeres participantes en Hub4Food (BIA Innovator Campus – Irlanda, Clusaga – España, InovCluster – Portugal e Valorial – Francia) preparou o seu propio catálogo de servizos para apoiar ás pemes alimentarias das súas rexións nos seus procesos de innovación. Hub4Food está cofinanciado por Interreg Atlantic Area.









