Webinar: tendencias de mercado do sector vinícola

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o xoves 19 de novembro ás 16 horas o webinar “Tendencias de mercado do sector vinícola. Insights do consumidor e competencia nacional e internacional”, en colaboración con Kantar Wordlpanel.

Nel, analizaranse os principais mercados e competidores e as tendencias de posicionamento e consumo, así como o impacto da crise xerada pola COVID-19 no sector vinícola. Para iso, contarase coa participación de Roberto Alonso, xerente de Clusaga, Marta Frutos, analista de mercados de Clusaga, e César Valencoso, director de insights do consumidor de Kantar Worldpanel.

As persoas interesadas en asistir ao webinar, poden inscribirse a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación. É gratuíto para os socios de Clusaga e ten un custo de 10€+IVE/persoa para quen non formen parte dunha entidade socia do Clúster.

Event Schedule Details

  • 19 Novembro 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario