O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o xoves 25 de marzo a partir das 9.30 horas o webinar “Tendencias e innovación en alimentos procesados e preparados saudables”.
Na xornada Roberto Alonso, xerente de Clusaga, analizará as tendencias e innovacións globais en alimentos procesados. Pola súa banda Vanesa Rodríguez, responsable de aplicacións e desenvolvementos alimentarios de Industrias Roko, Vanesa Martínez, CEO de CARINSA, e Cristina Fernández, directora de I+D de CEAMSA, abordarán nunha mesa redonda as aplicacións de novos ingredientes alimentarios en alternativas naturais e saudables.
Ademais, no webinar presentaranse os servizos e programa de formación que se están desenvolvendo no proxecto europeo AHFES, unha iniciativa liderada por Clusaga que ten como obxectivo mellorar a competitividade e crecemento das pemes na cadea de valor da alimentación saudable e a vida diaria, contribuíndo a desenvolver un ecosistema transnacional de innovación na zona atlántica de cuádruplo hélice.
As persoas interesadas en inscribirse á xornada, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación.