O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 24 de novembro, ás 9.30 horas, o webinar “The Green Revolution: o avance do movemento veggie “. Este evento forma parte do proyecto europeo AHFES e enmárcase no ciclo de encontros online sobre tendencias en alimentación saudable.
O webinar céntrase na presentación do estudo The Green Revolution que, realizado por Lantern, pon o foco sobre os 497 millóns de consumidores vexetarianos, un colectivo que crece en todos os países desenvolvidos -tamén en España- e que, polo tanto, supón un segmento cada vez máis interesante para as empresas de alimentación e bebidas.
Ademais, presentarase nesta sesión o caso de éxito de Alpro, líder europeo en produtos de orixen vexetal, coa gama de produtos frescos e bebidas vexetais máis completa do mercado. O lanzamiento de Alpro alternativas ao iogur en España tivo lugar en 2018 e fixo posible o impulso da categoría plant-based, unha revolución completa para o segmento que permitiu recrutar novos consumidores.
Para pechar o webinar terá lugar o turno de preguntas e un posible debate, para rematar coa exposición das conclusión da sesión.
As persoas interesadas en inscribirse a este webinar, poden facelo a través do formulario que atoparán a continuación, facendo clic no botón “inscribirse”.
AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food ecosystem for growth of SMEs é un proxecto europeo financiado polo programa Interreg Espacio Atlántico, e coordinado por Clusaga. Ten dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, fortalecer a colaboración entre clústeres nas rexións da área atlántica e, por outro, mellorar a innovación, a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables para aliñar os seus produtos coas necesidades e expectativas dos consumidores, a través de servizos e formación.