O Digital Innovation Hub Industrial de Galicia, do que Clusaga é socio, organizará xunto con SIEMENS un workshop para poñer en valor a importancia da ciberseguridade nas contornas industriais actuais e a súa evolución para as fábricas do futuro. O taller celebrarase o mércores 4 de maio, ás 9.30 horas, no auditorio do edificio de FEUGA, en Santiago de Compostela.
Durante este encontro participarán InprOTech, Tecdesoft, Muutech e Vodafone como empresas que contan cunha gran experiencia en sistemas de seguridade e prevención. Completan a axenda do evento a Universidade de Vigo, que falará sobre a educación e habilidades desta tecnoloxía emerxente, e Abanca, que contará o proceso de mellora que levaron a cabo na monitoraxe da súa seguridade.
O workshop está organizado dentro do marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixital da Axencia Galega de Innovación, que tamén terá presenza dentro do programa xunto co director da área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo.
As persoas que desexen asistir a este evento presencial deben inscribirse previamente a través da ligazón que aparece a continuación.