O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 13 de marzo, de 13.00 a 15.00 horas, o Xantar Networking “Macrotendencias en produtos de gran consumo”. A xuntanza, enmarcada na Área de Mercados de Clusaga, terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).
Neste encontro, porase special atención na xestión do gasto doméstico en España, abordando aspectos clave como a evolución da distribución, o impacto da marca de distribuidor (MDD) e a importancia da actividade promocional.
A celebración deste networking permitirá ampliar coñecementos e compartir experiencias e aprendizaxes arredor dos mercados e o consumo. Da man de Josu Andrés Pérez, Customer Success Manager en Nielsen IQ, os asistentes ao xantar poderán facer unha análise das preocupacións do consumidor actual estudando mercados próximos coma Francia, Italia, Reino Unido e Alemaña.
Así mesmo, o xantar favorecerá o intercambio de inquedanzas con outras empresas do sector de alimentación e bebidas de Galicia, facilitando o debate e creación de sinerxías de cara a afrontar os retos da conxuntura económica e social que caracteriza a nosa contorna.
A participación require de inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, e do pagamento do prezo do Menú (45 euros/persoa). O prazo para apuntarse finaliza o 10 de marzo ás 15.00 horas. Para máis información pode consultar o programa ou contactar con Clusaga no teléfono 881 023 853 ou no correo international@clusaga.org.