O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o vindeiro 11 de maio, de 13.00 a 15.30 horas, o Xantar Networking Mercados & Insights “Novas oportunidades na investigación comercial. Enfoques e ferramentas para o éxito”. A xuntanza, enmarcada na Área de Mercados e Internacionalización de Clusaga e exclusiva para entidades socias do Clúster, terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).
Clusaga continua apostando pola investigación comercial e a análise de mercados como ferramentas que orientan as estratexias empresariais na diferenciación de produto e na captación e fidelización de compradores. Nesta ocasión, faino da man da experta Beatriz Pereira, que, ademais de ser especialista en técnicas de investigación e nas novidades nese eido, é boa coñecedora das marcas de alimentación e bebidas de Galicia, así como das particularidades que caracterizan a industria e o relato que define e calidade e singularidade dos seus produtos.
O encontro supón unha oportunidade para que as empresas socias de Clusaga poidan ampliar coñecementos e oportunidades en relación ao marketing e aos insights, así como compartir experiencias e aprendizaxes arredor dos mercados e o consumo. O espazo de networking favorecerá o intercambio de inquedanzas, facilitando o debate e a creación de sinerxías.
A participación no Xantar Networking, exclusiva para membros de entidades socias de Clusaga, require de inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, e do pagamento do prezo do Menú (45 euros/persoa). O prazo para apuntarse finaliza o 5 de maio ás 15.00 horas. Para máis información pode consultar o programa ou contactar con Clusaga no teléfono 881 043 687 ou no correo insights@clusaga.org