“O Clúster Alimentario de Galicia e os retos estratéxicos do sector: I+D+i e sustentabilidade”, baixo este título a Comisión de Innovación e I+D de Clusaga organizou unha xornada no edificio CACTUS do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o próximo 15 de xaneiro en horario de 10 a 12.15 horas.
A benvida á devandita xornada realizaraa a vicerreitora de coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel. Tras ela, o xerente do Clusaga, Roberto Alonso, presentará a Comisión de Innovación e I+D, recentemente constituída, e os grupos de traballo asociadas a ela.
Tras el, Miguel Tubio, director técnico de Bodegas Martín Códax, e Xaquín Antón, director de proxectos de I+D+i de Clavo Food Factory, abordarán os retos estratéxicos no ámbito da innovación da industria alimentaria galega.
Finalmente, a xornada abrirase aos grupos de investigación do Campus Terra da USC, que poderán realizar unha breve presentación para establecer sinerxias co sector alimentario galego.