Xornada | Corporate Venturing para o sector alimentario

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con EIT Food South, organiza un evento sobre Corporate Venturing o próximo 24 de setembro, de 9.30 a 13.30 horas, no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).

O obxectivo desta xornada é capacitar a directivos e mandos intermedios de empresas alimentarias sobre como progresar cara un modelo de innovación aberta de maior impacto, así como inspirar para avanzar cara accións de investimento corporativo.

O evento estará liderado por Mathieu Carenzo, Senior Lecturer do departamento de Iniciativa Emprendedora de IESE Business School, que afondará nos fundamentos do Corporate Venturing e da innovación aberta. Ademais, contará coa participación de tres empresas socias de Clusaga, que exporán as súas iniciativas neses eidos: CEAMSA, Torre de Núñez e Hijos de Rivera.

A xornada é aberta ao público baixo inscrición previa antes do 20 de setembro, mais darase prioridade a empresas socias de Clusaga. Despois do rexistro a través do formulario que aparece a continuación, enviarase un e-mail para confirmar a aceptación de asistencia. Para máis información, pódese contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 682 616 021.

Event Schedule Details

  • 24 Setembro 2024
Compartir
Engadir ao Calendario