Xornada de peche do proxecto FoodTechINK

O Clúster Alimentario de Galicia organiza o vindeiro 31 de marzo, ás 10.00 horas, o evento “Envases activos e intelixentes. Solucións tecnolóxicas para control e calidade de produtos frescos envasados”, que terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC).

Este evento servirá como peche do proxecto FoodTechINK, no que se analizou a aplicabilidade industrial de indicadores colorimétricos para monitorar a frescura e calidade do alimento fresco envasado e evitar o desperdicio alimentario.

O consorcio deste proxecto liderado por Clusaga e financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria AEI 2021, está formado poas empresas socias do clúster Cofrico, ColorSensing e Vegalsa-Eroski e polo CTC, que participarán neste evento final do proxecto cos seus respectivos relatorios. Para pechar o encontro terá lugar a visita ás instalacións do Centro Tecnolóxico da Carne.

Sobre FoodTechINK

Un 49% dos produtos frescos non aptos para a venda, pero si para o consumo vai directamente ao lixo en España segundo o “Estudio sobre el desperdicio alimentario de productos frescos en el sector Distribución” elaborado pola consultora Nielsen para Checkpoint Systems. O estudo desvela tamén que o 62% das empresas do sector recoñece non dispor de ningún medio tecnolóxico innovador para avanzar nesta situación.

Neste contexto nace o proxecto FoodTechINK, que emprega indicadores colorimétricos baseados en tintas intelixentes que se integran en etiquetas (smart-labels) non invasivas e que permiten aportar datos reais da calidade do produto fresco envasado ao longo de toda a cadea de valor.

 

Event Schedule Details

  • 31 Marzo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario