O Clúster Alimentario de Galicia organiza o vindeiro 29 de marzo, ás 9.30 horas, o evento de peche do proxecto ML4Milk, que terá lugar en formato online.
Este evento servirá como peche do proxecto ML4Milk, no que se desenvolveu unha plataforma de monitorización e análise masivo de datos para o sector lácteo.
O consorcio deste proxecto liderado por Clusaga e financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na convocatoria AEI 2021, está formado polas empresas socias do clúster Casa Grande de Xanceda, Glaücor Ingeniería, Queizuar e TripleAlpha Innovation.
Estas empresas participarán no evento final do proxecto con distintos relatorios sobre os resultados alcadados no proxecto ML4Milk. Ademais presentaranse outras iniciativas para a dixitalización no sector lácteo, coma RUMI o WellMilk
ML4Milk ten por obxectivo incrementar o rendimiento produtivo, a calidade do leite e a calidade dos produtos lácteos finais mediante a mellora das condicións de operación en granxa e de procesado en fábrica a través de técnicas de machine learning.