O proxecto europeo S3FOOD, no que participa Clusaga e que comezou en 2019, finalizará o vindeiro 7 de setembro de 2022 no Hotel Hilton Grand Place de Bruselas cun evento no cal, baixo o título “The future of food is digital”, celebraranse os logros obtidos e as leccións aprendidas grazas a esta iniciativa.
Durante os últimos tres anos, S3FOOD constatou que a innovación dixital supón unha contribución significativa para abordar os actuais desafíos do sector alimentario, tales coma o aumento dos prezos da enerxía, a crecente escaseza de man de obra e a necesidade apremiante de garantir un subministro de alimentos seguro, sustentable e asequible.
Algunhas das contribucións deste proxecto nos últimos tres anos foron outorgar servizos de apoio a máis de 500 pemes agroalimentarias da Unión Europea e proveedores de tecnoloxía, ou financiar de forma directa os proxectos de innovación dixital de 75 pemes.
O 7 de setembro no evento final de S3FOOD, que está aberto ao público, demostrarase que os sensores intelixentes e os sistemas de xestión de datos financiados por este proxecto xa están tendo un impacto.
Ademais, establecerase un debate sobre o camiño a seguir para continuar impulsando a transformación dixital das pemes alimentarias europeas, no que se abordarán historias de éxito das pemes financiadas; datos, cifras e recomendacións do proxecto; a perspectiva da UE sobre a transición dixital; a posibilidade dunha industria agroalimentaria sustentable e resiliente a través de la dixitalización da man da partnership europea SS4AF; e próximos proxectos e oportunidades de financiación en liña con S3FOOD.
Este evento supón unha oportunidade para pasar unha xornada en compañía doutros profesionais da industria alimentaria. Deste modo, a idea é intercambiar ideas sobre o futuro dixital da alimentación con representantes das pemes financiadas, e cos Clústeres e Living Labs que apoian a transformación dixital da industria alimentaria da UE.
A asistencia ao evento final de S3FOOD é gratuíta, e o rexistro no formulario que aparece a continuación é obligatorio. Para máis información, o programa completo da xornada está dispoñible.