A biotecnoloxía e as súas aplicacións presentan múltiples oportunidades para o sector alimentario, coma poden ser a obtención de novas fontes de proteínas, o desenvolvemento de alimentos funcionais, ou o avance na valorización de subprodutos.
Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e Bioga colaboran na organización desta xornada de relatorios e reunións B2B, que terá lugar o vindeiro 4 de maio, de 9.30 a 14.00 horas, e no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela).
Os obxectivos dos relatorios son difundir avances biotecnolóxicos aplicables ao sector alimentario, tendencias de mercado e de innovación, e dar a coñecer casos de empresas que desenvolven e comercializan produtos de orixe biotecnolóxica. Asimesmo, o evento inclúe unha sesión de reunións bilaterais de 20 minutos de duración por reunión, sendo o obxectivo das mesmas que as organizacións socias de Clusaga e Bioga exploren posibilidades de colaboración.
Este evento enmárcase dentro da actividade do Grupo de Traballo 1 “Alimentos e Ingredientes innovadores, seguros e saudables” da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga. Para asistir é preciso inscribirse a través da ligazón que aparece a continuación. Para máis información pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.