Xornada | Desperdicio alimentario

O vindeiro 20 de febreiro, o AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela acollerá a “Xornada Informativa sobre Desperdicio Alimentario: Claves e estratexias prácticas para avanzar cara unha xestión eficiente
e sostible”
, organizada por Clusaga en colaboración con AENOR. Este evento está deseñado para ofrecer ferramentas clave que permitan ás empresas do sector alimentario reducir o desperdicio, cumprir coas normativas vixentes e avanzar cara a un modelo máis sostible e competitivo.

Estratexias para cumprir coa normativa e optimizar a sustentabilidade

Durante a xornada, exploraranse as implicacións da nova Lei de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario e as principais obrigas legais para as empresas. Tamén se presentarán estratexias prácticas para minimizar o desperdicio, como a xestión de excedentes e subprodutos mediante modelos de economía circular, e destacarase a importancia da certificación Desperdicio Alimentario Cero, que promove a prevención e a mellora continua nos procesos.

O programa inclúe a participación de expertos como Perla Ferrer (Clusaga), Joaquín Díaz (Naria), Jorge Lamelo (ReFood), Juan José Moreno (AENOR) e Víctor Hugo Rodríguez (Carrefour), que compartirán coñecementos, experiencias e casos de éxito para inspirar ás empresas a adoptar mellores prácticas.

Un espazo para o diálogo e a reflexión

O evento rematará cun espazo de diálogo no que os asistentes poderán intercambiar ideas, debater sobre os retos do sector e reflexionar sobre como avanzar cara a unha xestión máis eficiente e responsable.

Event Schedule Details

  • 20 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario