O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é coñecedor das inquedanzas das empresas do sector ao respecto da Lei da Cadea Alimentaria. Por este motivo, e coa colaboración da súa empresa asociada Docuten, organiza unha xornada informativa para analizar esta Lei, as consecuencias do incumprimento da mesma, ou o rexistro de contratos alimentarios no AICA, entre outras cuestións.
O evento terá lugar o vindeiro 12 de xullo, de 10.00 a 12.00 horas, en Santiago de Compostela, e contará con Roberto Alonso, director de Clusaga, para a apertura do mesmo. A continuación, Patricia Fernández, directora legal de Grant Thorton, abordará cuestións relativas ao rexistro de contratos, mentres que Brais Méndez, CEO de Docuten, presentará a súa solución tecnolóxica para dixitalizar e automatizar este proceso.
Para asistir a este evento é preciso rexistrarse a través da ligazón que aparece a continuación. Para máis información pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo unitec@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.