O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Universidade de Vigo organizan o evento “Net4Food Matching | Conectando empresas e investigadores para a innovación alimentaria”, unha iniciativa enfocada en fomentar as oportunidades de colaboración en I+D+i no sector alimentario, entre empresas alimentarias e investigadores. O evento incluirá varias sesións sobre oportunidades e experiencias e casos de éxito na colaboración universidade-empresa, sesión de reunións bilaterais preaxendadas, visita á planta piloto, catas e presentacións de produtos innovadores.
O evento terá lugar o 28 de maio, ás 9.30 horas, no Edificio Politécnico do Campus de Ourense (Ourense). O encontro servirá para dar a coñecer as capacidades do Campus de Ourense no sector alimentario entre as empresas alimentarias.
Para asistir a este evento é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación antes do 27 de maio ás 15 horas. Para máis información, pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no correo idi@clusaga.org ou no teléfono 682 616 021.
Este evento organízase no marco do proxecto Net4Food, que ten por obxectivo o fortalecemento das capacidades investigadoras e innovadoras do ecosistema alimentario da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. O consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico de Bragança, inclúe a sete organizacións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, incluíndo a Universidade de Vigo e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnología, así como o clúster Portugal Foods e Clúster Alimentario de Galicia, e os laboratorios colaborativos MORE e Aqua Valor.