Xornada | Novas fronteiras: Retos e oportunidades para a internacionalización do sector agroalimentario

A apertura a novos mercados internacionais pode fortalecer, diversificar e asegurar o futuro das empresas alimentarias. Nese contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza esta xornada para analizar como a expansión cara mercados internacionais pode representar unha oportunidade para as pemes artesanais.

Alén, brindará a oportunidade de descubrir o apoio que ofrece o proxecto Export Plus para a internacionalización das pemes artesanais agroalimentarias da Eurorrexión e de resolver dúbidas sobre o mesmo. Export Plus, cofinanciado polo FEDER no marco do Programa Interreg VA España-Portugal (POCTEP), é un proxecto coordinado por Landaluz e implementado por Clusaga, AGACAL, Andanatura, NERE, AEBB e AIP.

A xornada tamén servirá para coñecer outros programas complementarios de apoio á internacionalización, co obxectivo de impulsar a competitividade das empresas.

Para asistir ao evento, que terá lugar o 27 de xuño, de 12.00 a 13.45 horas, en Santiago de Compostela, é preciso inscribirse a través da ligazón que aparece a continuación antes do 26 de xuño ás 14.00 horas. Para máis información, pódese consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 881 023 853 ou no correo international@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 27 Xuño 2024
Compartir
Engadir ao Calendario