Xornada | O sector lácteo galego: Innovación para un futuro sustentable e competitivo

A industria láctea galega está a apostar pola dixitalización e a innovación como ferramentas clave para mellorar a sustentabilidade, a eficiencia e a competitividade. Esta transformación céntrase na aplicación de tecnoloxías avanzadas e solucións innovadoras que están a redefinir os procesos produtivos e os produtos do sector.

Nesta xornada titulada “O sector lácteo galego: Innovación para un futuro sustentable e competitivo” expertos e profesionais analizarán as principais tendencias en innovación, automatización e sustentabilidade, con mesas redondas, casos de éxito e solucións prácticas aplicadas ao sector. Tamén será unha oportunidade única para crear sinerxías, intercambiar coñecementos e descubrir estratexias clave para o futuro.

Un programa centrado na evolución e futuro do sector lácteo galego

A xornada comezará cunha mesa redonda sobre a cadea de valor láctea intelixente, trazable e sostible, centrada no proxecto SmartZ4Milk. Abordarase como a colaboración en I+D+i entre empresas e centros de coñecemento permite desenvolver ferramentas innovadoras para mellorar a calidade e a eficiencia produtiva. Participarán Jesús García (Grupo Lence), sobre tecnoloxías prácticas; Sonia Castro e Yago González (Plexus Tech), sobre integración tecnolóxica; e Manuel Lolo (AMSlab), sobre monitorización crítica. Moderará César González (Medrar Smart Solutions).

A seguinte mesa tratará solucións innovadoras para trazabilidade e sustentabilidade, co proxecto LAZTEO como exemplo. Lidia Ferreras (Bico de Xeado) falará de liderado en sustentabilidade, Manuela Buján (Porto-Muiños) abordará a biotecnoloxía para alimentación sostible, e Agustín Lozano (Bioflytech) explicará como transformar subprodutos en proteínas alternativas. Moderará Leticia Regueiro (Medrar Smart Solutions).

A sesión sobre innovación colaborativa no sector lácteo incluirá proxectos como Caprigo e Cibus5G. Iván Gil Iglesias (Esteo Innova) analizará a I+D+i en Queixos Feijoo, Fernando Carmona (Logicmelt) presentará unha plataforma 5G, e Xosé Ramón Vázquez (Clusaga) exporá oportunidades futuras no sector.

A mesa sobre avances tecnolóxicos no sector lácteo destacará proxectos como PrevAI, para predición de demanda, con Adrián Domínguez (TripleAlpha); Bupaic, centrado na automatización da calidade, con Iker García (Aotech); e Creamsense, sobre valorización de soro de leite, con Patricia Remeseiro (Queizuar). Moderará Noelia Dosil (Clusaga).

Por último, a sesión sobre sustentabilidade no sector lácteo presentará o Modelo Común de Sustentabilidade, con intervencións de Perla Ferrer (Clusaga), Guillermo Martínez (Casa Grande de Xanceda) e Higinio Mougán (AGACA), destacando directrices e experiencias ambientais e sociais.

Networking

O evento tambén inclúe unha sesión de networking para conectar con profesionais e explorar novas oportunidades de colaboración e innovación.

Event Schedule Details

  • 13 Febreiro 2025
Compartir
Engadir ao Calendario