Nun momento no que a sustentabilidade se consolida como un eixe clave para a competitividade empresarial, este obradoiro ofrecerá unha visión práctica sobre como integrar a boa gobernanza climática nas organizacións, fortalecendo a súa capacidade para xerar valor compartido e anticiparse ás demandas sociais e normativas.
A xornada celebrarase o 16 de maio, a partir das 9:30 h, en AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela. Está dirixida a profesionais e responsables de empresas do sector alimentario interesados en fortalecer as súas políticas de sustentabilidade e gobernanza.
O programa comezará coa presentación do Programa Colectivo de Alimentación Sostible (PROALIS), impulsado polo Clúster Alimentario de Galicia. A continuación, terá lugar o obradoiro a cargo de Eduardo Seisdedos e Carmen Fernández, de Cuatro Tercios, no que se abordarán as dimensións estratéxicas da gobernanza climática no contexto empresarial actual.
Durante a sesión traballarase a identificación de relacións e dependencias dentro da cadea de valor, a xestión dos grupos de interese a través dun caso práctico, e o desenvolvemento dunha política de sustentabilidade climática efectiva. Ademais, reflexionarase sobre o papel do código ético como instrumento para aliñar os valores corporativos cos compromisos ambientais e sociais, favorecendo a coherencia organizacional.
Para participar é necesario cubrir o formulario de inscrición que se atopa a continuación. As prazas son limitadas.