Xornada online “Imposto especial sobre Envases de plástico non reutilizables: que podemos aprender destes primeiros meses?”

O packaging sostible é un aspecto chave a contemplar na estratexia de circularidade das empresas alimentarias. Nese sentido, introducir criterios coma a reciclaxe, a biodegradabilidade ou os materiais sostibles no deseño ou selección dos envases incrementa a competitividade das empresas alimentarias.

Do mesmo xeito, a delimitación do alcance do Imposto especial sobre Envases de plásticos non reutilizables é de gran importancia para coñecer alternativas reais de redución do uso de plásticos en procesos e produtos, aumentando así a sustentabilidade das empresas.

Neste contexto, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), en colaboración con Packaging Cluster, organiza a xornada online “Imposto especial sobre Envases de plástico non reutilizables: qué podemos aprender destes primeiros meses?”. Este evento, que terá lugar o próximo 12 de abril de 9.30 a 11.00 horas, enmárcase dentro da actividade do Grupo de Traballo 3 “Sustentabilidade, economía circular e bioeconomía” de Clusaga.

Programa do evento

O encontro online está estruturado en dúas sesións e unha mesa redonda. A primeira delas abordará dúbidas, casos prácticos e recomendacións en torno ao Imposto; mentres que a segunda tratará sobre as alternativas ao uso de plásticos non reutilizables. Na mesa redonda, os relatores das sesións previas compartirán as súas experiencias empresariais nestes eidos.

Unha xornada con continuidade

Esta sesión terá continuación nunha segunda xornada, tamén celebrada no marco da actividade do GT3 de Clusaga, e que se centrará en como mellorar o packaging para facelo máis sostible.

Inscrición e máis información

A inscrición a esta xornada, que debe formalizarse a través do formulario que aparece a continuación, permanecerá aberta ata o 11 de abril ás 16.30 horas. Para máis información pódese consultar o programa completo ou ben contactar con Clusaga no correo circular@clusaga.org ou o teléfono 881 023 853.

Event Schedule Details

  • 12 Abril 2023
Compartir
Engadir ao Calendario