Como parte do proceso participativo impulsado pola Xunta de Galicia para a elaboración do novo Plan Director do Sector Alimentario Galego, celebrarase unha xornada de traballo que reunirá representantes empresariais e institucionais nunha serie de mesas colaborativas coa participación de empresas representativas, Clusaga e responsables da Xunta de Galicia.
A sesión desenvolverase no día 27 de maio, de 10.00 a 13:45 horas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela mediante unha metodoloxía innovadora e áxil. Esta dinámica incluirá, polo menos, catro mesas de traballo sectoriais, estruturadas por grandes áreas de actividade dentro da cadea de valor alimentaria.
Os obxectivos que se perseguen acadar nesta xornada de traballo son os seguintes:
O encontro pretende converterse nun espazo de diálogo estratéxico entre os axentes do ecosistema alimentario galego, favorecendo unha análise compartida dos desafíos actuais e das oportunidades de desenvolvemento industrial. A participación activa das empresas será fundamental para garantir que o novo Plan Director responda ás verdadeiras demandas do sector e permita orientar políticas públicas eficaces.
Esta xornada forma parte dunha serie de accións que combinan metodoloxía participativa e análise estratéxica, co fin de elaborar un documento sólido, consensuado e orientado á acción. A información recompilada contribuirá de forma directa á redacción do novo Plan Director, que marcará as liñas de actuación dos próximos anos no eido alimentario galego.
A participación na xornada require inscrición previa a través do seguinte formulario.