Xornada “Sustentabilidade no sector alimentario”

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organiza o vindeiro 24 de febreiro, ás 9.30 horas, o evento “Sustentabilidade no sector alimentario. Tecnoloxías para a redución do impacto ambiental, a eficiencia enerxética e o aproveitamento de subprodutos”.

O obxectivo deste encontro, que terá lugar no Edificio Feuga (Campus Vida, Santiago de Compostela), é mostrar casos de éxito de desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías para a mellora ambiental na industria alimentaria, especialmente en relación coa redución do impacto ambiental (pegada hídrica e pegada de carbono), a eficiencia enerxética e o aproveitamento de subprodutos.

Para isto, nesta xornada presentaranse diferentes proxectos relacionados con estas temáticas. O evento estará dividido en tres mesas redondas tituladas “Novas tecnoloxías e procesos para a redución dos impactos ambientais”, “Eficiencia enerxética e enerxías renovables” e “Innovación para o aproveitamento de subprodutos”, respectivamente.

GT3 “Sustentabilidade, economía circular e bioeconomía” de Clusaga

Esta xornada organízase no marco do grupo de traballo 3 (GT3) “Sustentabilidade, economía circular e bioeconomía”​ de Clusaga, conxunto entre a Comisión de Innovación e I+D e a Comisión de Sustentabilidade.

O GT3 ten por obxectivo facilitar espazos de networking  innovativo e xeración de ideas de colaboración entre os distintos axentes do ecosistema de innovación galego con intereses nestas temáticas.​

Event Schedule Details

  • 24 Febreiro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario