O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e a Fundación Juana de Vega organizan o Encontro “Territorio e Alimentación: construíndo identidade e valor compartido” o 6 de febreiro de 2026 no Hotel Palacio do Carmen (Santiago de Compostela). Este encontro plantexase como unha xornada profesional orientada á reflexión estratéxica sobre o papel da alimentación como elemento clave da identidade territorial e da xeración de valor económico, social e cultural. Nun contexto marcado pola crecente relevancia da orixe, a calidade e a diferenciación, o encontro propón analizar como territorio, produtos e persoas constrúen relatos sólidos e competitivos.
A sesión contará cun relatorio marco a cargo de Miguel Rives, CEO de GastroAgencia, quen introducirá os principais retos e oportunidades en torno á conexión entre territorio, alimentación e consumidor. A continuación desenvolverase unha primeira mesa redonda coa participación de Luis Vázquez Pérez, Director de Promoción e Relacións Externas de IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega-Boi Galego ; Mª Begoña López Fernández, Directora Xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias do Principado de Asturias; Ramón Fernández Conchas, Xefe do Servizo de Mercados na Xunta de Galicia e Blanca Jiménez Cuadrillero, Presidenta de la Asociación de Destinos Gastronómicos nacionales de Saborea España, na que se abordarán experiencias vinculadas ás marcas territoriais e ás indicacións de calidade.
A segunda mesa redonda reunirá referentes do ámbito gastronómico e empresarial como Lucía Freitas, Chef e fundadora de A Tafona (Estrela Michelín) e do proxecto Amas da Terra; Sara Torreiro, responsable de Márketing e RSC en Casa Grande de Xanceda; Juan Vázquez, Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Ramón de Meer, Director de Marketing para España e Portugal en Hijos de Rivera, que compartirán a súa visión sobre a relación entre produción, territorio, sostibilidade e creación de valor.
O encontro incluirá ademais un relatorio de peche a cargo de Martín Alemparte, de AGACAL, e un acto de clausura institucional. A xornada rematará cun espazo de networking destinado a favorecer o intercambio de coñecemento, o contacto profesional e a xeración de novas sinerxías.
As prazas son limitadas. Para participar é preciso inscribirse a través do formulario que aparece a continuación. Para máis información, pode consultarse o programa completo ou contactar con Clusaga no correo global@clusaga.org e no teléfono 881 023 853.









