Xornadas de Cooperación Internacional “AGRICONNECT” | CLUSTERXCHANGE

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) convida ás súas pemes socias a asistir ás Xornadas de Cooperación Internacional “AGRICONNECT”, que terán lugar en Castelo Branco (Portugal), do 7 ao 9 de novembro de 2023. Para tal fin, pon á súa disposición o mecanismo de apoio económico ClusterXChange, promovido no marco do proxecto europeo AgrifoodX5.0, no que participa Clusaga

Programa

Este encontro internacional, organizado polo tamén socio do proxecto AgrifoodX5.0 InovCluster, inclúe sesións informativas dirixidas ao sector alimentario sobre sustentabilidade ou acceso a mercados europeos; e visitas ás instalacións de pemes, coma o Centro de Apoio Tecnolóxico Agroalimentario (CATAA), supermercados, panificación, explotacións vitivinícolas, ou fábricas de queixos, carnes e froitas.

Asemade, as persoas asistentes terán ocasión de explorar novas oportunidades de negocio cos produtores presentes no evento, ou mesmo de establecer contacto con empresas minoristas e importadores-distribuidores destacados, como SONAE, Auchan, Hassan Import Export, Made in Market, Martins Berlin, e Core Finland Oy, entre outros.

Apoio económico

A axuda económica de ClusterXChange permite cubrir gastos de viaxe e aloxamento derivados de estadías curtas en outros países de Europa. No caso de AGRICONNECT, o apoio ascende a 390€ para aquelas pemes socias de Clusaga que desexen asistir cunha axenda de 3 días a estas xornadas. Para máis información sobre a presentación de solicitudes, pódese contactar con Clusaga no correo industria@clusaga.org ou no teléfono 881 023 853.

Rexistro no evento

As inscricións no evento, paralelas á solicitude da axuda ClusterXChange, poden formalizarse nesta  ligazón. Para participar nas reunións B2B, xa sexa de forma presencial ou en liña, coñecer a outras entidades participantes no evento e programar reunións coas que sexan de interese, é preciso rexistrase en AgriFoodX5.0 EUROPEAN FOOD COMMUNITY MATCHMAKING.

Event Schedule Details

  • 7 Novembro 2023
Compartir
Engadir ao Calendario