Formación Executiva


Cursos

  • Impact Program en Desenvolvemento para o capital humano

    Este é un programa destinado a dotar ás persoas profesionais dos departamentos de recursos humanos de ferramentas de xestión esenciais para afrontar os retos que inevitablemente xorden nun mundo que evoluciona con rapidez. Para acadar este obxectivo, poñerase o foco no desenvolvemento e na optimización das capacidades das asistentes nos aspectos fundamentais do traballo dentro dun departamento de capital humano, favorecendo a aplicación sistemática de técnicas e ferramentas que lles permitan acadar tanto os seus propios obxectivos como os da organización.
  • Programa de especialización en marketing e internacionalización do sector mar alimentario

    O Programa de especialización en marketing e internacionalización del sector mar alimentario está deseñado para profesionais e empresas do que buscan fortalecer a súa capacidade competitiva no mercado internacional, combinando teoría e práctica a partir de casos reais, experiencias sectoriais e metodoloxías aplicadas. A formación aporta ferramentas, modelos e coñecementos clave para a elaboración, validación e implementación de plans de internacionalización, con especial foco en marketing, marca, xestión comercial e acceso a novos mercados.
  • Impact Program en AI For Business

    O Programa AI for Business está deseñado para líderes e profesionais que desexen comprender o estado actual da Intelixencia Artificial e o seu potencial transformador no ámbito empresarial.
  • Programa Executivo de Integración da Sustentabilidade na Xestión Empresarial

    Neste programa estúdanse e desenvólvense habilidades para integrar de maneira efectiva a sustentabilidade nos obxectivos empresariais, e preparará aos mandos directivos para tomar decisións que favorezan o crecemento económico, a equidade social e a preservación do medio ambiente. Ademais, actualizará sobre as novas normativas ligadas aos criterios e riscos ESG e á presentación de información sobre sustentabilidade, como é a CSRD, e sobre como as empresas poden responder incorporándoa nos modelos de xestión.

WhatsApp