Formación

Formación

A creación de talento e a capacitación, estratéxicos para o sector alimentario.

No seu Plan Estratéxico 2021-2025, o Clúster Alimentario de Galicia establece un forte compromiso coa creación de talento e a mellora da capacitación dos traballadores do sector da alimentación e das bebidas galego.

Coñecedor do entorno competitivo e dinámico no que operan as empresas alimentarias, que esixe contar con profesionais altamente capacitados e orientados ao éxito para garantir o crecemento e a sustentabilidade das organizaciones, Clusaga define anualmente un Plan de Formación. En liña con esta folla de ruta, ofrecense unha serie de programas formativos aliñados cos retos e necesidades do sector e as demandas específicas das empresas a este respecto.